Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fichaxe feminina en Panorama

    orquesta-panorama-2011-foto-bali2A orquestra Panorama ficha a unha nova instrumentista a maiores para a xira Planet Tour 2011

    E non é para cantar. A orquestra PANORAMA acaba de presentar unha nova incorporación para os músicos da orquestra. Bali pasa a formar parte da formación musical como guitarrista, percusionista pero sobre todo performance.

    Algunhas orquestras este ano reforzan o apartado vocal coa incorporación dunha nova voz ás dianteiras (caso de OLYMPUS, PARÍS DE NOIA ou GRAN PARADA, por exemplo). PANORAMA aposta por ampliar o cadro de músicos e a presentación do espectáculo cunha incoporación a maiores, que fará que a orquestra pase a ter 14 profesionais no escenario.

    Aínda son poucas as mulleres que traballan como instrumentistas nas orquestras galegas. Algunhas formacións como POCEIRO, PARÍS DE NOIA ou GALILEA xa hai anos que incorporan mulleres no cadro de músicos. Agora PANORAMA súmase ás bandas que teñen mulleres á parte das cantantes.

    O Planet Tour 2011 comeza xa cun novo membro nas filas.

    ORQUESTRA PANORAMA 2011

    CANTANTES

    Lydia Salar

    Dunia Santana

    Jorge Ferre

    Lito Garrido

    MÚSICOS

    Bali (guitarra, percusión e performance)

    Víctor M. Rivas ¨chino¨ (Batería)

    Giorgio Ramilo (Baixo)

    Lote González (Guitarra)

    Carlos Oubiña (Teclados)

    Alexandre Jurado (Percusión e performance)

    Xurxo Castro (Trombón)

    Felipe Castro (Saxofón)

    Germán Acebedo (Trompeta)

    Roberto Hernández (Trompeta)

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook