Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Febrero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fichaxe sorpresa na orquestra Panamá 2010

    orquesta-panama-2010-cartelNovo cartel da orquestra Panamá. Un único cambio para 2010: Jonathan Enrique como voz masculina, procedente da formación musical Versalles

    A orquestra PANAMÁ acaba de presentar o cartel para a nova temporada que xa comezou para esta formación musical de Ferrol.

    O novo cartel 2010 de PANAMÁ no que aparecen os integrantes da orquestra para este ano inclúe o único cambio: a fichaxe do cantante Jonathan Enrique, procedente da orquestra coruñesa VERSALLES.

    Aínda que é un único cambio con respecto de 2009, este non deixa de ser unha sorpresa xa que Jonathan estaba anunciado na formación de VERSALLES para 2010. Na orquestra coruñesa non se barallaba a baixa do vocalista o pasado mes de decembro cando se deu a coñecer a formación da nova xira.

    Pero o certo é que Jonathan será este ano a única incorporación en PANAMÁ, onde estará como único vocalista masculino. Polo demais, o cadro de músicos e voces femininas permanece sen variación.

    Non é a orquestra PANAMÁ unha formación moi dada aos cambios. De feito na etapa da orquestra que máis cambios houbo (1991-1996), a formación musical ferrolá tivo que superar unha forte crise debido, entre outras causas, ás excesivas altas e baixas no cadro de músicos que a facían pouco estable e afectaba ao resultado final que se quería ofrecer. Superada esa "etapa escura" en PANAMÁ, a orquestra pode presumir de ser unha das que menos cambios executa cada temporada que pasa, característica importante e da que moitas outras carecen.

    A orquestra PANAMÁ nace no ano 1987 como herdanza musical de LOS CAPRIS, pois tres dos oito músicos fundadores procedían do mítico grupo. Ata o ano 1991 non se producen os primeiros cambios importantes na banda, que desestabilizan por outra parte a orquestra. Entre os anos 1993 e 1996 inclúese no espectáculo un conxunto de bailaríns e bailarinas que non convence á dirección de PANAMÁ xa que non é iso o que se quere ofrecer. No ano 1997 a orquestra entra nunha nova etapa na que aínda está e na que se superan todos os atrancos dos anos anteriores. Da man de Alfonso Fraga neses primeiros anos da nova etapa, PANAMÁ logra situarse nun posto destacado dentro das orquestras de baile. O único fundador que aínda hoxe permanece na banda soubo encamiñala cara a onde sempre se quixo ir, e a dous anos de cumprir os 25, parece que o conseguiu. PANAMÁ ofrece un ano máis todo un repertorio de música e baile que non vai deixar indiferente ao público das festas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook