Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Filloas e música de primeira en Lestedo

    Boqueixón 2011 - Festa da Filloa de Lestedo - cartelAs orquestras París de Noia e Aché son as encargadas de poñer a música nesta nova edición da Festa da Filloa en Lestedo (Boqueixón)

    Sempre con carteis de gran calidade, este ano non podía ser menos. PARÍS DE NOIA e ACHÉ amenizarán unha nova edición da Festa da Filloa a só quince quilómetros de Santiago.

    A parroquia de Santa María de Lestedo, en Boqueixón, celebrará un ano máis a súa popular Festa da Filloa, que chega este ano á edición número 28.

    A festa estará amenizada, ademais de polas dúas nomeadas orquestras, polas actuacións de grupos como Requinta da Laxeira, Requinta de Xián, O Recobio de Vaamonde, Os ke hai ou Van de Varanda.

    A partir das 17.00 horas terá lugar o desfile dos Peliqueiros de Laza e do Gran Alto de Xenerais do Ulla. Ás 18.00 horas dará comezo a verbena.

    Verbena e filloas, en todas sus variedades: con mel, soas o incluso envolvendo un chourizo. Festa gastronómica de calidade con propostas musicais de primeira liña, como cada ano por estas datas en Lestedo (Boqueixón).

    E pouco falta para unha nova cita da Festa da Xuventude, pero iso será en breve. De momento imos rematar o entroido...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook