Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fisterra celebra a súa festa de Interese Turístico

    Fisterra 2012 - Festas do Santo CristoDurante estes tres días de Pascua, a localidade de Fisterra estará no punto de mira festeiro grazas á súa celebración de Interese Turístico, con procesións e actos impresionantes de fe e cultura, e outros máis festivos. En Fisterra as festas terán lugar hoxe, coa actuación do grupo NEBRASKA e a orquestra MARBELLA, mañá domingo con ISLA e PANORAMA, e xa para rematar o luns, NUEVA GENERACIÓN poñerá o toque musical de cerre.

    As festas do Santo Cristo de Fisterra compiten con outra cita importante na zona estes días: a Mostra do Encaixe de Camariñas e a Festa da Zorza na mesma localidade da Costa da Morte. Ademais, tamén hai diversos actos en Vimianzo como en cada Pascua. Non será por falta de oferta festiva e festeira...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook