Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fisterra celebra a súa festa de Interese Turístico

    Fisterra 2013- Festas do Cristo - cartel Durante estes tres días de Pascua, a localidade de Fisterra estará no punto de mira festeiro grazas á súa celebración de Interese Turístico, con procesións e actos impresionantes de fe e cultura, e outros máis festivos. En Fisterra as festas terán lugar hoxe, coa actuación do grupo CICLÓN e a orquestra MIRAMAR, mañá domingo coas orquestras FANIA BLANCO SHOW e PANORAMA, e xa para rematar o luns, o grupo TRIUNFO poñerá o toque musical de cerre.

    As festas do Santo Cristo de Fisterra compiten con outra cita importante na zona estes días: a Mostra do Encaixe de Camariñas. Ademais, tamén hai diversos actos en Vimianzo como en cada Pascua.

    Aínda que este ano non se celebra outra das citas obrigadas na Costa da Morte, a Festa da Zorza en Camariñas, non será por falta de oferta festiva e festeira…

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook