Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Forte competencia do San Marcos de Noia e a Pascua de Padrón

    Noia 2011 - Festas de San Marcos - cartelMoita afluencia de xente ao San Marcos noiés, aínda que pola nosa percepción, non as auténticas avalanchas humanas rexistradas na vila de Padrón co gallo do domingo de Pascua. Se en Noia comezaban onte as celebracións, o mesmo que en Padrón, coa orquestra COSTA OESTE e o grupo ALKAR na primeira, e CHARLESTON BIG BAND con ATENAS na segunda, hoxe domingo será unha noite clave nas dúas festas: SINTONÍA DE VIGO e SALSA ROSA amenizarán a cita en Noia fronte a OCÉANO e a orquestra TAMBO en Padrón.

    Retencións de máis de media hora sobre a s 13.00 horas para entrar na vila de Rosalía, e nos lugares máis insospeitados coches aparcados durante todo o día. As retencións volvéronse repetir a última hora da tarde para saír uns e para entrar outros.

    Mañá despiden en Noia coas orquestras PARÍS DE NOIA e PANAMÁ; en Padrón amenizarán as orquestras FOLIADA e MIRAMAR. E aínda o martes volverá haber festa, da man de dúas das consideradas mellores orquestras de Galicia: PARÍS DE NOIA e PANORAMA. Na próxima fin de semana volverá haber tres días de celebración para despedir a Pascua 2011.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook