Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Forte renovación en América SL 2012

    América SL 2011 - grupo - cartelOrixinal cartel promocional de América SL 2011

    EXCLUSIVA PARA FESTA A FESTA

    A Festa a Festa chegounos a listaxe de compoñentes de AMÉRICA SL que abandonan o grupo de cara á nova temporada. Da formación musical composta por sete músicos e cantantes catro deles causan baixa no plantel e están en negociacións con novas orquestras. A renovación vai ser moi forte porque, ademais de afectar a máis da metade dos compoñentes, inclúe as que son as voces masculinas de AMÉRICA SL: Jako Singer e David Carrasco. Ademais, o grupo musical, que este ano sacou o seu CD baixo o título Conéctate, afrontará unha nova etapa composta por seis persoas no escenario (agora eran sete).

    Os profesionais que deixan AMÉRICA SL son os catro membros máis novos do grupo: Jako Singer (cantante, dúas temporadas en AMÉRICA SL) e as que foran as tres fichaxes para 2011.

    Á baixa de Jako hai que engadir a da outra voz masculina. David Carrasco cerra a que foi a súa primeira temporada nas orquestras galegas (procede de Huelva). As outras dúas baixas proceden da fila de músicos: o batería Bruno, que viña da orquestra TANGO e xa traballou noutras formacións como ISMAEL ou PHILADELPHIA, e o teclista Paulo César Guachizaca procedente de D'MODA (tres temporadas) e anteriormente nos ALKAR.

    A redución de profesionais no escenario de AMÉRICA SL afecta ás voces, de maneira que a formación musical seguirá tendo catro músicos pero reduce a unha voz masculina.

    Esperamos poder informar pronto sobre a nova formación de AMÉRICA SL así como dos novos destinos dos que en breve dirán adeus a unha etapa musical no grupo que desde case tres décadas mantén intacto o espírito e a filosofía cos que naceu: música en rigoroso directo, repertorio adaptado a todo tipo de público e renovación tecnolóxica constante.

    grupo-america-sl-2011-foto-jako-singerJako Singer, voz de América SL en 2010 e 2011

    grupo-america-sl-2011-foto-david-carrascoEsta foi a primeira temporada en Galicia para David Carrasco, a outra voz masculina do grupo

    grupo-america-sl-2011-foto-paulo-cesarPaulo César, teclista de América SL 2011

    grupo-america-sl-2011-foto-brunoBruno, batería e percusión, tamén deixa a formación musical

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook