Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fátima Pego cada vez máis alto

    Orquesta Palladium 2012 - 01 A cantante da orquestra Palladium, Fátima Pego, ficha por París de Noia 2013 / © Fotografías: roxegar 2012

    Xa é oficial desde hai uns días, a coñecida cantante Fátima Pego abandonará a final de temporada a orquestra PALLADIUM para integrarse na PARÍS DE NOIA 2013. A vocalista, que forma dianteira en PALLADIUM con Beatriz Loureiro, Richard Blanco e Fernando Hernández toma novos rumbos no mundo da verbena e pasa a formar parte dunha das orquestras máis coñecidas e con máis prestixio do momento. A banda noiesa daba a coñecer hai pouco as baixas de Vanesa Ramil (que formará parte da orquestra PANAMÁ) e Exley Ramos para a próxima temporada. Fátima Pego e o trompetista Javier compota (FILADELFIA) serán as novas incorporacións.

    Orquesta Palladium 2012 - 02Fátima Pego interpretando a Whitney Houston con Palladium / © Fotografías: roxegar 2012

    Persoalmente sigo a Fátima desde que formaba parte cos seus compañeiros de dianteira de SUAVECITO; posteriormente apareceu o proxecto PALLADIUM onde proseguiu estas tres últimas temporadas e agora pasa a formar parte da orquestra noiesa, unha carreira meteórica para unha cantante á que non se lle resiste ningún estilo musical e, en palabras de compañeiros seus, moi constante no seu traballo. Como persoa, humilde e accesible, e sempre disposta para a xente que a segue; farásenos raro vela noutro escenario que non sexa o de PALLADIUM e acompañada doutros músicos e cantantes; pero xa deberiamos acostumarnos a estes bailes de fichaxes que parecen acentuarse en cada final de temporada.

    Descoñecemos a día de hoxe quen pasará a formar parte da dianteira de PALLADIUM para 2013 e se haberá aínda máis cambios en PARÍS DE NOIA. Polo momento podemos afirmar que Fátima Pego apunta moi alto para a nova temporada... e nós alegrámonos por ela.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook