Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Diciembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Gala do Nadal con fins benéficos

    Os amigos de Vilalonga (en Sanxenxo) traballan arreo para poder conseguir fondos para as festas do verán, pero ademais queren aproveitar o evento preparado para acadar fondos para a loita contra o cancro. Desta forma, a GALA DO NADAL que se prepara para o vindeiro luns ten tamén fins benéficos.

    E para tal actuación contarase cun elenco de artistas como COYOTE DAX, MANOLITO EL PESCADOR, MANQUIÑA, ou MELOCOS e o dúo K-NARIAS, que xa son expertos neste tipo de actuacións en Galicia.

    Para rematar a noite, música de verbena amenizada por un grupo da casa: LA OCA. A formación musical comeza xa a temporada 2012 (xa está actuando estes días) e o luns farao para os seus veciños, ata altas horas da noite.

    Carpa climatizada na praza da vila ou, se o tempo se complicase demasiado, pavillón municipal. A entrada custa 15 € o día do concerto e é máis barata os días anteriores comrándoa nos puntos que aparecen no cartel.

    Desde logo o luns vai ser un bo día para a festa, para a loita contra o cancro e, como non, para os veciños de Vilalonga e de todo o concello e arredores, que teñen a oportunidade de gozar dunha noite de nivel ata que o corpo aguante.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook