Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Galicia celebra o Pilar por todo o alto

    Ponteceso 2011 - Festa da Pilarica en Trabe-Tella - cartel

    Como cada ano, en Tella (Ponteceso) presentan un cartel potente para a véspera do Pilar; Aché e París de Noia actúan esta noite

    A festividade da Virxe do Pilar trae algunhas das festas que cerran nas súas comarcas as celebracións de 2011. Co Pilar en moitos lugares de Galicia despídense das fastas ata a nova temporada. O bo tempo, que máis parece que esteamos a 15 de agosto, influirá en que esta noite e mañá os campos de festas se ateiguen de xente disposta a pasalo ben e a botar un baile. Aquí ofrecemos algunhas propostas que celebran o Pilar.

    A CORUÑA - BARRIO DO VENTORRILLO. Hoxe actuación da coruñesa FOLIADA e mañá a VERSALLES.

    CARBALLO. Esta noite actuación do grupo CICLÓN e da orqustra PALLADIUM. Mañá será a vez da orquestra coruñesa ALARMA.

    CERDIDO - A BARQUEIRA. Esta noite actuación das orquestras TRÉBOL e TROVADORES. Mañá a TRÉBOL fará a sesión vermú, pola noite actuará a orquestra CAPITOL.

    PONTECESO - TRABE - TELLA. Esta noite espectacular festa a cargo das orquestras ACHÉ e PARÍS DE NOIA. Empeza a primeira ás 23.00 horas. Mañá actuará o grupo TROCO na casa.

    TEIXEIRO - PARADELA. Esta noite o espectáculo de OLYMPUS, Aún más grande, que está chegando ao seu final. Mañá será a vez da orquestra XENTE NOVA.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook