Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Gándara celebra as Dolores con música

    zas-2011-dolores-de-gandara-cartel-pequenoNo concello de Zas hai festa esta fin de semana. Na parroquia de Gándara celebran as festas patronais das Dolores con música durante tres días. O grupo OMEGA abre as celebracións hoxe pola noite.

    O día forte é mañá sábado coa actuación de dous grupos consolidados da verbena galega: SAMBA e CICLÓN, música 100% verbeneira cun repertorio renovado no caso dos amigos de SAMBA, coa voz feminina de Estela Rodríguez á fronte do grupo. E outro grupo liderado por unha muller; Noelia García e a súa banda CICLÓN traerán o seu repertorio máis encamiñado á xente nova e con importantes novidades na posta en escena e nas cancións.

    Para rematar o domingo, unha formación musical que se foi facendo un oco importante estes últimos anos: ATENAS; un grupo que tamén trae cambios nos compoñentes e no repertorio.

    As sesións vermú do sábado e domingo estarán amenizadas por SAMBA e ATENAS respectivamente. Boa festa!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook