Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Gran cita en Fornelos de Montes

    Fornelos de Montes 2011 - Festa da Xuventude en Calvos - cartelMarbella e Panorama o próximo venres na Festa da Xuventude de Calvos

    En Calvos, Fornelos de Montes, están dispostos a repetir o éxito da pasada edición da Festa da Xuventude. Para esta ocasión son dúas as orquestras que amenizarán a celebración: MARBELLA e PANORAMA.

    Ata hai poucos días nos calendarios de ambas formacións musicais aparecía outra festa na que actuarían, tamén xuntas, as dúas orquestras, pero a decisión final é que MARBELLA e PANORAMA estarán na parroquia de Calvos (Fornelos de Montes).

    Tanto unha coma a outra están presentando continuamente novidades no repertorio ata culminar os que serán os espectáculos para o verán da temporada 2011; por iso non será raro que nos ofrezan algún tema novo. Ademais, tanto en MARBELLA como en PANORAMA poderemos gozar das novas voces para esta temporada: Noelia Solleiro para MARBELLA e Dunia Santana para PANORAMA.

    A festa está garantida e será, un ano máis, un rotundo éxito en Calvos. O vindeiro venres a partir das 22.30 horas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook