Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Junio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Gran Parada abre o San Xoán coruñés máis verbeneiro

    Orquesta Gran Parada 2013 - fotoA grande orquestra rianxeira Gran Parada actúa esta tarde no parque de Santa Margarita, abrindo as verbenas do San Xoán coruñés

    O San Xoán coruñés arranca hoxe no parque de Santa Margarita como debe ser, con sardiñas e unha orquestra de primeira liña: GRAN PARADA. A partir das 18.00 horas no parque coruñés terá lugar a que vai camiño de converterse en cita tradicional por estas datas, a sardiñada e posterior verbena. Se o ano pasado era PALLADIUM a encargada do evento, este ano o cartel non decae e chega ao auditorio aberto do parque a orquestra rianxeira GRAN PARADA, que comezará a actuar sobre as 20.00 horas.

    Pero o San Xoán coruñés non fai máis que empezar hoxe. O martes será a orquestra GARIBALDI no peirao de transatlánticos coruñés a encargada de amenizar unha nova verbena. Tamén nesta ocasión haberá unha megasardiñada para máis de 6000 persoas. Por dous euros sardiñas, pan e viño.

    E xa na noite meiga, no entorno das praias Riazor-Orzán, o tradicional desfile, os fogos de artificio e a queima da falla na praia de Riazor. Tamén nesa ocasión haberá actuación de orquestras. Se o ano pasado era a PARÍS DE NOIA, este ano actuará ás 12 da noite a PANORAMA. Pero nesta ocasión non virá soa, a orquestra CINEMA amenizará a partir das 21.30 a noite máis curta do ano na Coruña.

    ACTUALIZACIÓN MARTES 18

    A actuación da orquestra GARIBALDI esta tarde-noite no peirao de transatlánticos queda para o día 20, xoves.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook