Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Grandes orquestras e atraccións na Xuventude de Balaídos

    Vigo 2011 - Festa da Xuventude de Balaídos - cartelCartel de elaboración propia para o programa musical da Festa da Xuventude de Balaídos

    As festas de Balaídos xa están aquí, a orquestra PANORAMA abre hoxe o programa da celebración viguesa máis importante da primavera. Aínda que Vigo é a gran cidade de Galicia, a tradición das verbenas e festas populares non se resentiu coma noutras cidades galegas de menor tamaño. Así, se na Coruña case se dan por desaparecidas as festas nos diferentes barrios, en Vigo as de Balaídos ou Bouzas brillan con luz propia e son verdadeiros referentes na verbena galega en canto a orquestras e recintos de atraccións.

    Falando destas últimas, xa está todo preparado nas inmediacións de Balaídos para que as distintas barracas e atraccións de feira comecen a funcionar esta tarde. Por outra parte, o cartel de orquestras para as festas de Vigo que rematan o luns é, simplemente, impresionante. Se PANORAMA abre hoxe en Balaídos, a PARÍS DE NOIA será a encargada de clausurar o luns as celebracións da Xuventude. E o resto dos días dúas orquestras de nivel para completar o cartel de 2011. Oito das consideradas mellores orquestras de Galicia actuarán durante os próximos cinco días na cidade olívica.

    O martes será día de desmontaxe para moitas das atraccións de Vigo que se desprazarán a Padrón, e a comisión valorará unha edición máis das xa famosas Festas da Xuventude. Nin que dicir ten que a valoración será positiva, pois con este cartel de orquestras non cabe agardar outra posibilidade. A seguinte cita en Balaídos será a noite do 23 para celebrar o San Xoán.

    Podes visitar a páxina das festas para ter máis información: Festa da Xuventude Balaídos 2011

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook