Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Guísamo ofrece esta noite moita música da terra

    Bergondo 2011 - Guísamo Festival Folk - cartelA localidade de Guísamo (Bergondo) prepárase para as festas patronais de San Ramón. E non podía ser de mellor xeito que organizando un festival de música que traerá propostas distintas ás que chegarán coas festas. Non é a Carballeira de Zas nin ten a proxección do Festival do Mundo Celta de Ortigueira, pero o festival de Guísamo foise facendo un oco na axenda festivaleira galega presentando carteis de nivel en cada edición celebrada.

    E este ano non podía ser menos: ALÉN DO MAR, MERCEDES PEÓN e XERA traerán música da terra a Guísamo antes de que as orquestras cheguen a semana próxima cos seus repertorios verbeneiros. E na localidade bergondesa poden permitirse o luxo de gozar de ambas as dúas propostas. O caso é que haxa festa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook