Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Guísamo programa un cartel anticrise para o San Ramón

    Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 06Panorama cerra un ano máis as festas de Guísamo, en Bergondo / © Foto: roxegar 2012

    A localidade bergondesa de Guísamo preparou un cartel máis que digno para os tempos que corren. Catro serán as orquestras que actuarán nas festas de San Ramón 2012. Como cada ano, as patronais desta localidade bergondesa veñen precedidas a semana anterior polo Festival Folk, que tivo lugara pasada fin de semana con grande éxito de participación.

    E despois da música da terra chega o momento de gozar coa música de verbena. As cumbias, os merengues, pasodobles e demais estilos musicais tipicamente verbeneiros poderanse escoitar case en exclusiva o primeiro día de verbena da man de NOVA IMPERIAL (sábado).

    Para a xornada do domingo será a orquestra cambresa FANIA BLANCO SHOW a que ofrecerá o seu variado repertorio con moita música de baile e son de metais característicos desta formación musical.

    O luns chega a Guísamo unha das que máis repiten ultimamente: MARBELLA trae o seu traballo dirixido a todos os públicos, que vai desde a cumbia ata o rock máis potente.

    E para rematar as festas patronais de Guísamo chega outra gran coñecida da parroquia: PANORAMA e o seu MAGIC TOUR 2012, La gira del Sol. Espectáculo e música moi variada e para todos os públicos para rematar o San Ramón por todo o alto, tal como están acostumados os veciños, pois a orquestra caldense é a que máis veces cerrou as festas en Guísamo na última década; incluso hai dous anos actuou nun palco prestado mentres o escenario propio se recollía na autoestrada totalmente calcinado.

    Tamén o martes é o día da popular sardiñada, que estará amenizada por un grupo musical a partir das 17.00 horas. Guísamo segue a ser unha das citas verbeneiras de referencia no concello de Bergondo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook