Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Febrero
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Hai nova veciña no local de música

    Lydia Salar, ex vocalista de Panorama, lidera o novo trío acústico La nueva vecina La Nueva Vecina 2013 - cartel 2

    Orquesta Panorama - 2010 - 0022 - Presentación Xira do Xacobeo - 20100219Fotografía de Lydia Salar Escribano, na súa presentación en 2010 en Galicia para formar parte da orquestra Panorama, ata 2012 / © Foto: roxegar 2010

    Ultimamente moitos son os grupos, tríos ou dúos formados por profesionais do mundo das orquestras que saen á palestra para ofrecer estilos que no palco da festa dificilmente se poden escoitar.

    BLADES CONNECTION é un deles, que se estrea esta noite en Caldas de Reis, música tributo ao músico panameño da man dun grupo liderado polo vocalista da orquestra COSTA OESTE, Juan Carlos Terán; aínda que hai moitos máis; estoume acordando de LA DULCE MARÍA onde podemos escoitar a voz de Jako Singer (CICLÓN) xunto con outros profesionais ou ex músicos dos grupos e orquestras.

    O último nacemento deste tipo de agrupacións terá lugar mañá, LA NUEVA VECINA irrompe no mundo musical. O trío está formado por Víctor Manuel Rivas (chinodrums) acoustic-percussion (baterista da orquestra PANORAMA), Leo Rodrigues á guitarra (RITMO JOVEN) e Lydia Salar, ex vocalista da orquestra PANORAMA.

    En palabras da propia artista, "o repertorio que facemos son versións de temas moi selectos de cantantes que a min sempre me gustaron, como Whitney Houston, Mariah Carey, Sade, Aretha Franklin, Gloria Estefan, ou Malú, pasando polo reggae e por versións de clásicos do rock como nothing else matters de Metallica, Bon Jovi, ACDC".

    A idea do trío é "poder transmitirlle á xente ou intentar facerlle sentir esas mesmas emocións que a min me causaron cando escoitaba eses temas... e que mellor que con estes dous pedazo de músicos como compañeiros para poder sacar todo ese feeling!".

    Lydia tamén aproveita para agradecer todo o cariño e o apoio na súa etapa na orquestra PANORAMA que rematou en 2012: "vou botarvos de menos un montón... tanto á orquestra como a cada unha das persoas que estivestes sempre apoiando o noso traballo.

    Orquesta Panorama - 2010 - 0118 - Guillán (Vilagarcía)Agora toca tomar outro camiño e, entre varios proxectos relacionados coa música, Lydia seguirá deleitándonos coa súa voz en LA NUEVA VECINA, os seus compañeiros tamén os seguiremos vendo nos escenarios das súas orquestras. A vocalista prométenos pasar un tempo agradable e divertido coa súa música e nós desexámoslles moita sorte a todos estes grupos á marxe do campo da festa. Outro xeito de escoitar música en directo.

    Orquesta Panorama - 2010 - 0088 - Guillán (Vilagarcía)© Fotos roxegar 2010, 2011 e 2012. Todos os dereitos reservados

    Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 25 La Nueva Vecina 2013 - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook