Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Imos de concerto

    fangoria-2009Fangoria cerra este ano as festas da Peregrina, en Pontevedra, cun concerto o día 23 de agosto

    AVANCE CONCERTOS AGOSTO 2011

    Algunhas localidades como Pontevedra, Cambados, Ribeira, Noia ou Cee celebran as festas grandes con concertos para todos os públicos

    Artistas como Rosendo, Sergio Dalma, Melendi, Siniestro Total, Danza Invisible, Dover, Amancio Prada ou Brothers in Band actuarán nalgunhas destas localidades

    A música galega da man de María do Ceo, Luar na Lubre, Mercedes Peón ou Susana Seivane escoitarase en Cee ou Ribeira

    Xa podemos adiantar algunhas das citas festeiras en formato concerto para o mes de agosto nalgunhas das localidades onde tradicionalmente se veñen organizando concertos nas festas do próximo mes.

    Pontevedra celebra a Peregrina, Ribeira as Festas do Verán, Cee a Virxe da Xunqueira e Cambados a Festa do Albariño. A localidade de Noia celebra a finais de agosto as Festas do Verán, aínda que neste caso non son as festas grandes do Concello. En todos estes lugares están preparando ou acaban de presentar os carteis para unhas festas marcadas polo recorte nalgúns casos como Noia ou Cee. Noutros lugares como Ribeira parece que o presuposto manexado non sufrirá cambios respecto da pasada edición.

    E xunto coas orquestras que amenizarán as verbenas, tamén os concertos teñen o seu lugar nestas importantes festas; como as de Ribeira, que se celebrarán entre o 03 e o 07 de agosto e polas que pasarán grupos galegos do prestixio de LUAR NA LUBRE ou SINIESTRO TOTAL, que actuará tamén na Peregrina de Pontevedra.

    Así as cousas, en Ribeira o cartel de concertos complétase deste modo:

    04 AGOSTO .- LUAR NA LUBRE

    05 AGOSTO.- SUSANA SEIVANE

    06 AGOSTO.- AMANCIO PRADA

    07 AGOSTO.- SINIESTRO TOTAL

    Ao mesmo tempo que en Ribeira haberá festa en Cambados. Como cada ano por estas datas celébrase a Festa do Albariño. Os concertos máis importantes serán os seguintes:

    04 AGOSTO.- DAVID DE MARÍA E DANZA INVISIBLE

    06 AGOSTO.- DOVER

    Tamén pasará pola localidade pontevedresa MUCHACHITO BOMBO INFIERNO.

    A Peregrina de Pontevedra preséntase potente en canto a concertos se refire. Esta edición comeza máis tarde; se o ano pasado o día 15 era dos últimos, esta vez será dos primeiros xa que as festas comezan o día 13. Os concertos máis importantes serán os seguintes:

    13 AGOSTO.- ROSENDO

    14 AGOSTO.- SINIESTRO TOTAL

    15 AGOSTO.- SERGIO DALMA

    16 AGOSTO.- EL PESCAO

    17 AGOSTO.- MERCEDES PEÓN

    21 AGOSTO.- MELENDI

    23 AGOSTO.- FANGORIA

    A Virxe da Xunqueira, en Cee, tamén ten celebración, este ano con recortes no orzamento. Aínda así haberá concertos como os de LA GUARDIA ou LOLITA, a cantante MARÍA DO CEO ou o grupo tributo a Dire Straits BROTHERS IN BAND.

    Esta última banda, que actuará en Cee o día 14 de agosto, será a encargada de levar a cabo o único concerto previsto para as festas de Noia unha semana despois.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook