Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Mayo
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Importante renovación na orquestra Alarma

    orquesta-alarma-2010-cartelNovo cartel para a orquestra Alarma da Coruña. Podes clicar na imaxe para vela a maior tamaño

    A orquestra coruñesa ALARMA presenta o seu novo cartel para a temporada 2010. A renovación nos músicos é importante pero chama máis a atención o cambio nos cantantes, non porque haxa baixas, que non as hai, senón porque a dianteira da orquestra pasa ser de seis vocalistas, tres homes e tres mulleres.

    Así, Martín e Raúl pasarán a estar acompañados por César, e Irene incorpórase á dianteira xunto con Vanessa e María. Polo demais agardamos sorpresas prometidas por parte da orquestra coruñesa que irán sendo desveladas pouco a pouco ao principio da temporada alta. Para ir entrando en calor, na páxina web da formación musical podes escoitar e ver a gravación dun tema de presentación propio. En breve iremos informando de máis novidades desta orquestra da Coruña que parece gañar enteiros cada temporada que pasa.

    O pequeno e modesto grupo ALARMA xa só queda na memoria colectiva dos festeiros. En 2008 esta pequena banda pasou a funcionar como orquestra aumentando considerablemente o número de músicos, cambiando a dianteira, traballando nun escenario máis grande e mellor iluminado, etc. O ano pasado a orquestra ofrecía un repertorio moi completo, desde pasodobles a mixes de música discotequeira e esta nova temporada, cos cambios presentados e o aumento de vocalistas, pode ser a do afianzamento de ALARMA nun lugar destacado nas orquestras galegas. Verémolo ao longo deste verán que xa está aquí...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook