Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Octubre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Iván Edrosa completa a dianteira da Royal Orquesta de Galicia

    Orquesta La Royal de Galicia 2014 - foto Iván Edrosa Xa non queda case nada por desvelar do que será sen dúbida a orquestra revelación de 2014: ROYAL ORQUESTA DE GALICIA. O proxecto musical que arrancará en meses e que se comporá por unha maioría de profesionais procedentes da SINTONÍA DE VIGO con Arturo Sabugueiro á cabeza, pero tamén con outros músicos procedentes doutras formacións musicais, como é o caso de Iván Edrosa, actual cantante en D'MODA e que xa pasou por outras bandas nos últimos anos, como a COMPOSTELA en 2012.

    Segundo manifesta o propio cantante, "é un cambio radical", pois pasa dunha formación musical pequena, moderna, enfocada case que exclusivamente á xuventude no seu segundo pase, a outra moito maior, máis clásica sen dúbida e de seguro que con outro tipo de repertorio.

    Deste xeito, coa fichaxe de Iván Edrosa, a ROYAL ORQUESTA configura o que será a dianteira da que máis se vai falar nos próximos meses: Arturo Sabugueiro, Lucía Juan e Tony Domínguez, todos procedentes de SINTONÍA DE VIGO, xunto con Iván.

    Unha das razóns de aceptar formar parte da orquestra, en palabras do propio artista, é para "seguir aprendendo dos grandes", cousa nada difícil tendo en conta de quen se está a falar: simplemente dalgúns dos mellores.

    Proximamente ROYAL ORQUESTA DE GALICIA nos campos de festa.

    ---

    En breve publicaremos unha entrada con todos os datos da nova formación musical.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook