Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Julio Iglesias cambia o botafumeiro polo albariño

    Jerusalén 2012 - orquesta - cartel O mesmo día que se soubo que definitivamente Julio Iglesias non actuaría o 25 de xullo no Obradoiro da capital galega, informouse da orquestra que actuará ese día na Alameda. Este ano tócalle a Jerusalén co seu espectáculo de celebración do X Aniversario da formación musical. Mentres, o cantante está confirmado para a Festa do Albariño, en Cambados

    O cantante JULIO IGLESIAS non actuará en Santiago de Compostela o día 25 de xullo tal como se rumoreaba en distintos medios de comunicación e incluso se publicou na súa páxina web. Pero tampouco estará moi lonxe uns días despois da data máis importante para a capital de Galicia, porque o día 1 de agosto estará actuando en Cambados, como único concerto en Galicia e dentro da programación da Festa do Albariño. En días poñeranse á venda as entradas cuxo prezo está por determinar.

    Parece que será, así, o reclamo máis importante para unhas festas que conxugan a feira vinícola con diversas actuacións musicais na praza de Fefiñáns. Tanto a localidade pontevedresa como a capital galega están ultimando os seus carteis musicais de cara ás próximas celebracións. A orquestra JERUSALÉN será a formación musical que amenizará a verbena do día grande das festas compostelás e o 25 de xullo estará actuando na Alameda. En breve saberemos o programa completo do Apóstolo 2012.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook