Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Febrero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Kerry Varella volve á orquestra Galáctica de Ribeira

    orquesta-galactica-2010-kerry-varellaKerry Varella, do grupo heavy TST, compaxinará a banda coa orquestra Galáctica

    O vocalista galego Kerry Varella regresa a unha das súas primeiras formacións musicais: a orquestra GALÁCTICA de Ribeira. O "kantante_místiko" (un dos seus moitos nomes artísticos) é a nova fichaxe para a dianteira dunha formación orquestral na que xa traballara hai oito anos.

    Kerry Varella comezou a súa andaina musical en 1991 no grupo de rock duro WISDOM de Mugardos e en 1995 pasou a formar parte da súa primeira orquestra como teclista, EUMESES de Pontedeume. Despois virían as orquestras GALÁCTICA de Ribeira e MADEIRA de Lugo, xa como vocalista, intercalando estas formacións con otros grupos musicais diferentes á verbena. A orquestra ATHENAS de Alacant ou a NOROESTE de Noia foron os seus últimos destinos verbeneiros.

    En canto a grupos musicais hai que destacar BARROK e TORQUEMADA, na comarca ferrolá, ou IN PENA de Ontinyent (Valencia), no que só estivo uns meses. Desde decembro de 2009 tamén forma parte do grupo coruñés TST co que pretende compaxinar o seu traballo en GALÁCTICA.

    Pola orquestra ribeirense pasaron xa algúns nomes importantes de músicos e cantantes aínda que o que realmente destaca da formación musical é que funciona como trampolín para os músicos da zona, como Milo Romero, gran músico relacionado hoxe co mundo do folk, ou Nando Peón, outro ribeirense que compaxina o folk co seu traballo en SUAVECITO ORQUESTA, que comezaron na orquestra do Barbanza.

    A chegada de Kerry Varella a GALÁCTICA vai supoñer, intuímos, un cambio no repertorio da formación musical coa inclusión de todo tipo de temas, desde cancións de Manolo Escobar, Tino Casal ou Tom Jones ata rock ou heavy metal aproveitando o seu traballo con TST.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook