Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    La Oca: 20 anos "dun lado pra outro" en Esgos

    Grupo La Oca 2010 - 015 - Sanxenxo

    O grupo La Oca conmemora vinte anos de festa nas celebracións de Esgos mañá luns

    LUNS 29 DE AGOSTO: FESTA 20 ANIVERSARIO GRUPO LA OCA EN ESGOS

    Xa van alá máis de vinte anos desde que se fixera famoso o berro de "dun lado pra outro", porque foi LA OCA, o grupo de Sanxenxo formado por Dani Dopazo, JM Paradela, Puma Rodríguez, Melo, Ariel  e a voz feminina Mónica Laguna, o que o puxo de moda e non ningunha das consideradas "grandes" que despois o copiaron. LA OCA leva máis de vinte anos amenizando cada festa de cada recanto de Galicia con resultados máis que bos se temos en conta que é unha das principais agrupacións por número de datas da súa axencia. Desde primeiros de agosto a banda non parou nin un día, e aínda teñen que completar calendario ininterrompido ata o 5 de setembro.

    E a localidade ourensá de Esgos escribe unha páxina moi especial na historia de LA OCA, é a praza onde máis veces actuou o grupo desde a súa fundación, vinte anos seguidos, e tiña que ser alí onde se celebrase a conmemoración, en agradecemento a todos estes anos nos que a banda foi tan ben acollida. Por iso LA OCA cerra, un ano máis as festas de Esgos, pero desta volta vai ser algo especial: é a festa número 20.

    Se hai catro temporadas a praza acollía a gravación do DVD do grupo baixo o título: Grupo La Oca en directo!!!, esta vez toca volver a encher a praza para ver unha actuación que traerá sorpresas.

    PASADO, PRESENTE E FUTURO DE LA OCA

    Entre as sorpresas preparadas cabe destacar un popurrí de tres cancións onde confluirá o pasado de LA OCA (representado por un ex compoñente, Javi Solla), o presente (a formación actual) e o futuro, representado por Dani Dopazo Junior; a presentación do evento por parte do humorista e monologuista DAVID AMOR, e a presentación en directo dun tema propio, composto por Dani Dopazo e arranxado por Paradela (teclista e un dos responsables do grupo), que leva por título Camiñantes, e que será cointerpretado pola BANDA DE GAITAS DE ESGOS. Con 40 músicos no escenario, promete ser sen dúbida o momento máis emocionante da noite.

    A actuación será gravada por Tele Miño e Festa a Festa, a partir das nove da noite, cun pase pequeno antes de dar paso á entrega dos trofeos das festas e os dous pases oficiais de hora e media.

    Que a festa de Esgos, mañá, conmemorando o 20 Aniversario de LA OCA nesta localidade ourensá, sexa o empezo doutros vinte anos cheos de festa "dun lado pra outro".

    Grupo La Oca 2010 - 023 - SanxenxoPuma Rodríguez, voz masculina

    Grupo La Oca 2010 - 020 - SanxenxoMónica Laguna, voz feminina

    Grupo La Oca 2010 - 038 - Sanxenxo

    Dani Dopazo, baixo, mandolina e voz

    Grupo La Oca 2010 - 007 - Sanxenxo

    Paradela, teclados, guitarra e voz

    Grupo La Oca 2010 - 008 - Sanxenxo

    Ariel, guitarras e voz

    Grupo La Oca 2010 - 005 - Sanxenxo

    Melo Rodríguez, batería

    Completan o grupo os dous técnicos de son e luz, e un chófer:

    Grupo La Oca 2010 - 040 - SanxenxoGrupo La Oca 2010 - 039 - Sanxenxo

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook