Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    La Unión abren e Olympus cerra o Apóstolo en Santiago

    Olympus 2011 - orquesta - cartel veránImaxe de verán para a orquestra Olympus, que cerra este ano as festas do Apóstolo en Santiago de Compostela

    As orquestras Nova Palma, Cinema, El Combo Dominicano e Olympus amenizan a edición 2011 das festas da capital galega

    As festas do Apóstolo compostelás comezan xa marcadas polo recorte no orzamento. Case o 60% menos para facer unhas celebracións que queren perder o menos posible en calidade e parece que o conseguen. O cartel musical é bastante atractivo, con grupos como LA UNIÓN, BERROGÜETTO ou VETUSTA MORLA e artistas como RAFAEL AMARGO ou LUZ e orquestras como NOVA PALMA (sábado 23), CINEMA (domingo 24), EL COMBO DOMINICANO (sábado 30) e OLYMPUS (cerrando as festas o domingo 31).

    Hai moita máis música da man de CORNELIUS 1960 (domingo 24), EL PESCAO (mércores 27) ou MODESTIA APARTE (domingo 31), xigantes e cabezudos, maxia, teatro, competicións deportivas, os Fogos do Apóstolo, as atraccións de feira na carballeira de Santa Susana (alto da Alameda), etc... A capital galega quere ser tamén por uns días capital da festa; desde o día 21 ao 31 de xullo. Dez xornadas de festa rachada en Compostela.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook