Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Lalín, quilómetro 0 da Galicia festeira

    Orquesta París de Noia 2011 - 001 - Abanqueiro (Boiro)A orquestra París de Noia (foto) actuará en Lalín acompañada de Palladium. Outras orquestras como Panorama, Super T, Poceiro, Miramar, Abanico e Gran Parada completa o cartel verbeneiro das Dores 2011 / © Foto: roxegar 2011

    Dúas son as citas ineludibles coa festa en Lalín, a famosísima celebración gastronómica do Cocido e as patronais. As festas das Dores comezan hoxe no quilómetro cero de Galicia.

    Concertos e verbenas ata o próximo martes forman o groso do programa festivo. A orquestra POCEIRO é a primeira en saltar á palestra festeira lalinense xunto cun concerto pop rock a cargo de ATMÓSFERA CERO e IGLOO.

    O sábado terá lugar a I edición da Concentración Nacional de Charangas Cidade de Lalín coa actuación das seguintes formacións: KILÓMETRO CERO (Lalín), POLVO BRAVO (Lalín), VAITE XA (Valadares), SÉPTIMA CUADRILLA (Cáceres), LA ATREVIDA (Segovia), LA ESCALA (Salamanca), LOS DEL RUEDO (Huelva), TROMPAFÓS (Xinzo de Limia) e MÍTICOS (León. Os grupos ATMÓSFERA CERO e IGLOO repiten de novo, e a orquestra MIRAMAR será a encargada da verbena do sábado.

    O domingo repiten as charangas que xa actuaran o sábado acompañadas, ademais, pola BANDA DE MÚSICA DE LALÍN. É o día do espectáculo pirotécnico e a verbena estará a cargo do grupo SUPER T e da orquestra GRAN PARADA.

    PARÍS DE NOIA e PALLADIUM o luns, e PANORAMA e ABANICO o martes son as últimas actuacións previstas para esta edición das festas das Dores, que se completan con actividades infantís e actuacións de diversas bandas de música. As atraccións de feira tamén estarán presentes unha edición máis en terras lalinenses.

    Ata o martes, festas no quilómetro cero de Galicia.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook