Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Laíño por todo o alto

    Dodro 2011 - Festa da Virxe do Leite en Laíño - cartelÁ localidade de Laíño, no concello de Dodro, non lle preocupa coincidir no calendario coa veciña Guadalupe rianxeira; leva sendo así desde hai moito tempo e o programa da parroquia dodrense, aínda que moito máis curto en días de celebración, non desmerece ao lado do rianxeiro.

    Dodro volve, deste xeito, a ofrecer unha nova festa. Despois das patronais do concello, as de Lestrove e as de Imo, nas últimas catro semanas, agora tocan as de Laíño. A Virxe do Leite é honrada cun programa de excepción, en canto a orquestras se refire, coa participación de seis formacións musicais, a maioría de recoñecidísimo prestixio no campo da festa.

    As celebracións comezan hoxe cunha xornada dedicada aos nenos (pequexogo), aos mozos (Festa DJs) e a todo o público en xeral (gran mexilloada e churrascada ás 20.00 horas). A partir de mañá, domingo e durante tres xornadas máis destacan as verbenas: a orquestra PONTEVEDRA e o grupo GARIBALDI actuarán na xornada dominical, CHARLESTON BIG BAND acompañada de OLYMPUS o luns, e o gran duelo entre a PARÍS DE NOIA e a PANORAMA para cerrar o martes as celebracións. Cabe destacar que ese día estarán en Rianxo a PALLADIUM e mais a PHILADELPHIA.

    Programa de gran calidade que cerra as celebracións máis destacadas en Dodro, despois de catro semanas nas que, nunha parroquia ou noutra, se puideron escoitar os acordes dalgunhas das consideradas mellores orquestras de Galicia. Así que toca aproveitar os últimos cartuchos festeiros que se queiman no concello por este ano. Boa festa!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook