Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Larín no punto de mira festeiro

    Arteixo 2011 - Festas de Larín - cartel elaboración propia

    A localidade de Larín (Arteixo) acaba de ser foco de atención grazas ás instalacións hípicas que se asentan nesta localidade. Casas Novas fai que Larín sexa famosa no eido deportivo con competicións de renome. Pero esta vez o nome de Larín vai ser de novo foco de atención grazas ás súas festas anuais que se celebran esta fin de semana e que ofrecen verbenas con algúns grandes nomes de formacións de primeira liña.

    Os grupos TROCO de Ponteceso e ARAMIO serán os encargados de amenizar a primeira xornada de festas. Xa o primeiro deles fará a sesión vermú. O sábado é, quizais, o día máis forte con dúas das consideradas mellores orquestras de baile: TRÉBOL desde Ferrol e LOS SATÉLITES desde A Coruña marcarán o ritmo ata altas horas da madrugada. Para a sesión vermú contarase co dúo DIAMANTE. E D'CINE, formación que ten poucos anos de vida pero unha boa traxectoria e que loita por facerse un nome dentro do mundo da verbena, será a última formación musical en pasar por terras arteixás unicamente en sesión vermú.

    Para máis información consultar o facebook das festas: Larín en Festas

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook