Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Laza, un dos mellores entroidos de Galicia

    Laza 2011 - Entroido

    En Laza, tanto na capital do concello como nos demais pobos, celébranse ao longo do ano unha abundante cantidade de festas populares que ofrecen un gran interese. Moitas das súas cerimonias son de carácter arcaico e pertencen a un ciclo antigo de ritos agrarios de verdadeira importancia etnográfica. Se cadra a máis importante de todas as festas, ou mellor dito, a que é agardada con máis ledicia e ilusión polos veciños da bisbarra, é o Entroido.

    Laza 2011 - Entroido cartel cea gastronómica

    A máscara característica do Entroido de Laza é o peliqueiro.

    A máscara vai coa cabeza cuberta con carauta de madeira pintada de cores rechamantes, que se prolonga nunha especie de mitra de metal cun motivo zodárico (león, lobo, boi). Detrás leva unha pelica de can, noutro tempo de gato montés, raposo ou lobo. Desta pelica venlle o nome de peliqueiro que se lle dá en Laza.

    O traxe está composto por unha camisola branca, gravata e unha chaquetiña curta da que colgan flocos dourados que van atados con lazos de tres cores. Sobor dos ombreiros vai un pano despurundado á chaqueta.

    Unha gran faixa vermella envolta á cintura suxeita o pantalón, quizais a parte máis traballosa do traxe. Enriba da faixa vai o cinturón do que colgan as chocas. As pernas do cigarrón van cubertas con medias brancas e ligas. Zapatos mouros e un mallo na man completan o atuendo deste personaxe típico do entroido de Laza.

    Laza 2011 - Entroido de Laza - programa

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook