Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Febrero
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Lestedo cerra o Entroido por todo o alto

    As orquestras Jerusalén e Nueva Generación amenizan a XXX Festa da Filloa en Lestedo

    Boqueixón 2013 - Festa da filloa de Lestedo - cartelXa van 30 anos do nacemento da Festa da Filloa en Lestedo. Tres décadas de gastronomía e verbena, este ano da man de Nueva Generación e Jerusalén

    É a primeira gran cita festeira no concello de Boqueixón. A Festa da Filloa, que este ano chega á súa XXX edición, traerá diversas actividades deportivas, exaltación gastronómica, desfiles de Entroido (peliqueiros de Laza e xenerais da Ulla) e, como non, música de orquestra en sesión de tarde e noite e charangas durante toda a xornada. As formacións musicais NUEVA GENERACIÓN e JERUSALÉN amenizarán a festa a partir das 18.00 horas na praza central de Lestedo.

    As filloas para todo o mundo están garantidas, dúas potentes máquinas serán capaces de cubrir a demanda de produto, ademais de completarse a oferta gastronómica con outros produtos típicos do país a prezos máis que competitivos.

    En canto á música, Carretera y baile é o título da xira 2013 da popular orquestra pontevedresa JERUSALÉN. Despois de celebrar o seu X aniversario en 2012 a banda liderada por Jorge volve á carga para ofrecernos de novo un dos repertorios máis completos do momento e unha orquestra que destila profesionalidade polas catro esquinas. Con só un cambio nas voces femininas e acompañada esta vez de NUEVA GENERACIÓN, ofrecerá na xornada dominical unha boa festa para amenizar unha celebración de moita tradición na comarca. Pouco a pouco comeza xa a temporada festeira, haberá que irse preparando.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook