Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Lestrove ofrece un variado cartel para tres días de festa

    Dodro 2011 - Festa dos Aflixidos en Lestrove - cartel

    A localidade de Lestrove, pertencente ao concello de Dodro, celebra as súas festas durante tres días cun cartel máis que bo para os tempos que corren. Algunhas orquestras moi coñecidas estarán presentes na vila, que durante as próximas xornadas vestirá as mellores galas.

    O grupo LOS LADOS e a orquestra PARAÍSO serán os encargados de abrir as verbenas na noite do domingo, primeira gran xornada festiva despois da redución de días respecto destes últimos anos, de catro a tres.

    O luns é a vez das orquestras FOLIADA e MAGOS DE ESPAÑA, a coruñesa e a pontevedresa van ofrecer repertorios de baile e tamén os últimos éxitos da actualidade.

    O último día das festas en Lestrove acolle o espectáculo e mais a música de dous pesos pesados: PHILADELPHIA e PARÍS DE NOIA. Bo xeito de deixar o listón alto para as celebracións do próximo ano.

    Pero aínda haberá que seguir informando doutras festas en Dodro: Imo-Castro e Laíño serán as próximas, e os carteis, bastante semellantes. Teremos que volver falar dalgunhas destas orquestras que repetirán en breve por terras de Dodro.

    Con cartel de Lestrove 2011 a festa está garantida e ademais a variedade das orquestras asegura poder escoitar todos os estilos de música.

    Cómo chove miudiño,

    cómo miudiño chove;

    cómo chove miudiño

    pola banda de Laíño,

    pola banda de Lestrove.

    Rosalía de Castro. 1837 - 1885

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook