Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 05
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Lorbé, famoso polos mexillóns e polas festas

    Oleiros 2011 - Festas do Carme en Lorbé - cartel

    Cartel de primeira liña para as festas de Lorbé (Oleiros) que comezan hoxe e terán lugar ata o próximo domingo

    A localidade de Lorbé, en Oleiros, concello limítrofe coa Coruña,ten sona polos seus mexillóns. Quen da comarca non foi algunha vez a tomar uns mexillóns á localidade mariñeira? Pero Lorbé é ten fama, tamén, de boas festas; para mostra o cartel deste ano, en plena crise, con orquestras de primeira liña.

    E non só orquestras, a gastronomía ten un peso fundamental nos festexos de Lorbé; por iso haberá o primeiro día sardiñada, antes da primeira gran verbena a cargo da prestixiosa orquestra PARÍS DE NOIA, e o segundo día pulpada, para despois bailar ao ritmo doutra grande: MARBELLA.

    Para o último día haberá tamén verbena a cargo doutra orquestra. Ese día está reservado, no apartado gastronómico, para o rei da zona: o mexillón.

    Gastronomía e música de primeira nas festas de Lorbé un ano máis, coma sempre.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook