Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Junio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Los Player's 2013, exemplo de superación e máis de medio século de historia

    Orquesta Los Player's 2013 - cartelNovo cartel para a orquestra Los Player's 2013 

    A orquestra LOS PLAYER'S 2013 é unha realidade desde hai uns meses. A afamada formación musical reaparecía totalmente renovada para seguir ofrecendo a súa música 100% verbeneira despois dun fatídico cerre de 2012 adiantado por forzas maiores.

    No segundo tramo da pasada xira, o tráiler de LOS PLAYER'S sufría un accidente e adiantaba o final de temporada. Mais este serio percance non significou que a banda desaparecese, nin moito menos! LOS PLAYER'S están de volta, co seu cadro de músicos e cantantes case totalmente renovado, con once profesionais de primeira liña, e un novo escenario con, tamén, nova montaxe e iluminación. Así as cousas, LOS PLAYER'S chegan ao seu 53 Aniversario, máis de medio século de historia que fan do nome da orquestra algo xa mítico nas nosas festas.

    Vanessa, Tania (última incorporación), Iván e Raúl "El Gallo" forman unha dianteira impresionante que saberá levar á perfección o estilo de LOS PLAYER'S, unha formación que se completa con sete músicos e que volverá a ocupar un posto destacado na verbena galega, un ano máis.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook