Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Los Satélites abren o Carme dos Pincheiros na Pobra

    A Pobra do Caramiñal 2011 - Carme dos Pincheiros - cartelA Pobra do Caramiñal está de festas ata o próximo luns, e non serán as últimas deste ano, aínda falta o Nazareno. Mentres non chega a que quizais sexa a festa máis grande da Pobra, polo menos si é a de máis afluencia de público, a localidade barbanzana ofrece unhas celebracións que traen diversos actos, verbenas e un recinto de atraccións para os máis pequenos da casa e os non tan pequenos.

    LOS SATÉLITES foron os encargados de abrir as festas 2011. Esta orquestra é asidua ás celebracións da Pobra, xa sexa o Carme de Castelo, os Pincheiros ou o Nazareno; nunha ou noutra ocasión a formación coruñesa déixase ver na praza onde se celebran as verbenas. Pero a orquestra de Eric, Noly e Alma Beatriz non estivo soa, a formación ODEÓN tamén ofreceu o seu repertorio como vén sendo, tamén, habitual na Pobra; non en van esta orquestra é pobrense e en algo se ten que notar.

    O programa trae á vila unha cumprida lista de bandas de música, charangas e bandas de gaitas que amenizarán as festas durante os catro días de celebracións. O sábado actuará a orquestra SUPER STAR en escenario alugado, despois do grave accidente que calcinou o propio da formación coruñesa e no que non se puido salvar absolutamente nada de escenario, tráiler, montaxe, iluminación e incluso vestimenta e instrumentos. SUPER STAR continúa, aínda así, a súa axenda de traballo e na Pobra estará acompañada por AMENAL.

    O domingo ODEÓN volve a actuar de novo e estará acompañada pola orquestra ACORDES. O luns cerran as celebracións os compoñentes de LOS ESPAÑOLES.

    A vila mariñeira esperará ansiosamente, a partir do martes, pola segunda fin de semana de setembro: O Nazareno 2011.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook