Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Malú, primeiro nome para a Gala contra o cancro de Panorama

    orquesta-panorama-2011-foto-malu

    En rigorosa exclusiva, podemos anunciar o primeiro nome que sae á luz da lista de artistas que acompañarán un ano máis á orquestra PANORAMA na gala benéfica 2011. A cantante MALÚ, se non hai contratempos de última hora, estará o venres 29 en Ordes actuando coa formación musical.

    Cunha nova xira titulada Guerra Fría, Malú está colgando o cartel de cheo en todas as actuacións ata o momento. Ademais, a cantante ten colocado o seu último traballo como un dos discos máis vendidos en iTunes e cun single número 1 en Los 40 Principales.

    Aínda que se barallan e rumorean varios nomes máis de artistas que acompañarán a PANORAMA na IV Gala contra o cancro, polo momento só tivemos acceso a este primeiro nome: MALÚ. A lista de artistas comezarase a coñecer a próxima semana.

    Antes da esperada actuación de Ordes, PANORAMA aínda estará en varias convocatorias festivas de primeiro nivel, como as Festas da Xuventude en Boqueixón  e en Abanqueiro (Boiro) -con OLYMPUS e PARÍS DE NOIA- ou en Calvos (Fornelos de Montes) -coa orquestra MARBELLA-, en Abegondo ou nas festas da Pascua de Padrón -de novo coa PARÍS en ambos casos-, entre outras citas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook