Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Junio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Malpica, tempo de festa e devoción

    Malpica 2013 - Festas de San Adrián do Mar - cartel

    Domingo 16, día propio de Santo Hadrián, día grande das festas da localidade coruñesa de Malpica. Son as patronais, e aínda que os veciños e visitantes poden gozar das famosas festas do Mar de Malpica, avanzado agosto, as do patrón non son menos. O domingo milleiros de devotos chegan á capela do santo para renderlle devoción, como cada ano. Despois, moitos deles baixan á vila para gozar das festas.

    En canto á música, a orquestra canaria EL COMBO DOMINICANO é a responsable, este ano, de poñer o broche final ás celebracións. Antes o grupo LA OCA e a orquestra COSTA OESTE (o venres) e CICLÓN coa MARBELLA enchen Malpica de público disposto a pasar unhas boas festas. Por parte do cartel festico esta está garantida con repertorios verbeneiros 100%.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook