Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Marea branca en Abegondo

    Abegondo 2011 - Festa da Xuventude - cartelEsta noite en Abegondo París de Noia e Panorama bis a bis

    Hoxe celébrase no aparcadoiro da Cidade Deportiva de Abegondo a xa popularísima Festa da Xuventude con dúas orquestras de excepción: PARÍS DE NOIA e PANORAMA. Ademais, os seguidores da primeira están convocados para unha quedada de fans e, se os de OLYMPUS tinguen de vermello os campos da festa con camisetas e pañoletas, ou os de ACHÉ da cor característica da orquestra, os de PARÍS DE NOIA levarán algo branco para recoñecérense como fans.

    A cousa é que tanto as bandeiras de PARÍS DE NOIA como as de PANORAMA son brancas co logotipo en negro, así que non será doado atoparse no campo da festa porque, como xa vén sendo habitual, a celebración de Abegondo congregará a milleiros de persoas. Hoxe daranse cifras moi parecidas ás que se acadaron en Boqueixón (15000) ou o sábado pasado en Abanqueiro (Boiro) (máis de 10000), aínda que, todo hai que dicilo, nestas citas festeiras estaban acompañadas pola OLYMPUS.

    Así que esta noite estará marcada polo fútbol (pódese ver no campo da festa, onde haberá instalada unha gran pantalla, a final da Copa do Rei) e pola música e o espectáculo da man de dúas das máis grandes: PARÍS DE NOIA e PANORAMA. En Abegondo a partir das 21.00 para o fútbol e das 23.00 para a festa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook