Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Marea panorámica nas festas do Burgo

    DSC_6046Milleiros de persoas gozaron do espectáculo da orquestra Panorama, das atraccións e dos fogos artificiais no último día das festas do Burgo (Culleredo).

    Fonteculler, 22:15 horas, colapso total para acceder á localidade veciña do Burgo. A xente xa vai deixando os coches en lugares de discutible legalidade. Non hai onde meter un coche por pequeno que sexa. Xa no Burgo a xente baixa en greas cara ao paseo marítimo, lugar onde se atopan as atraccións de feira e o escenario da orquestra PANORAMA.

    Despois de aparcar en Almeiras nunha rúa apartada da poboación, ás 23:10 horas dirixímonos en procesión cara á festa. Nunca tal, e iso que eu vou todos os anos ao Burgo. Nunca tanta xente se viu nos últimos anos a derradeira xornada nas festas. Sempre hai moitísima xente, iso é verdade, pero este ano as previsións quedaron desbordadas. Colas nas atraccións, greas de xente entrando e saíndo da festa. Dificultade para poder chegar a un lugar onde poder ver algo, que eu non son nada alto e teño que andar sorteando sempre as cabezas... misión case que imposible. Ao final consigo chegar ao lado da mesa de son. Non está nada mal!!!

    Comeza a actuación e de alí á media hora recibo un sms duns amigos. Están tan atrás que apenas poden ver nada, e escoitar aínda menos, a non ser a música machacona do barco pirata e do aparato que vira coa cabeza para abaixo ao persoal e o molla máis do que algúns quixeran. Desde alí é inútil gozar da verbena e moito menos acceder máis adiante.

    Só á 1:50, cando rematan os fogos, comeza a xente a marchar en greas para as casas, ao día seguinte moitos teñen que traballar. As caravanas repítense agora en dirección A Coruña. Os municipais, desbordados, intentan regular o tráfico. Pasadas as dúas da mañá marchamos nós, con mágoa de non poder quedar a algo do segundo pase. Coa xente que alí queda moitas comisións de moitos lugares farían un festón... As do Burgo son as mellores da área metropolitana coruñesa con diferenza. E parece que cada vez con maior diferenza, máxime tendo en conta que algunhas outras que competían con elas no calendario non saíron coma outros anos.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook