Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Marrozos e Sar levan a festa a Compostela

    los-players-2011-cartel-pequenoAs orquestras Los PLayer's e Gran Canaria cerran as festas no barrio de Sar, Santiago de Compostela, o día 17. Esa mesma noite en Marrozos, os grupos Metrópolis e Ciclón clausuran tamén as celebracións que empezan nos dous lugares o día 15

    Marrozos está de festas, e o barrio do Sar, tamén. Dúas zonas de Santiago de Compostela que, durante tres días, terán as súas celebracións máis esperadas do ano.

    MARROZOS

    Empezan en ambos os dous lugares mañá día 15. En Marrozos abren VENEZIA en sesión vermú e pola noite acompañados de BLANCO Y NEGRO. O día 16 (festivo local en Santiago) estarán o grupo ESTRELLA en vermú e pola noite acompañado da orquestra NOVA PALMA. O último día en Marrozos actuarán METRÓPOLIS (xa en vermú) e pola noite gran verbena fin de festas acompañado por outro grupo que arrasa: CICLÓN.

    BARRIO DE SAR

    ACORDES e o grupo D'MODA serán os primeiros en amenizar as festas neste barrio compostelán. As orquestras DELIRIO e NEVADA continuarán o día 16. Finalizan dúas grandes: LOS PLAYER'S e GRAN CANARIA o día 17.

    Dúas opcións en terras santiaguesas para estes días de festa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook