Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Maxia, tradición e festa en Redondela: Coca 2011

    Redondela 2011 - Festa da Coca - cartel

    “Conta a lenda que, hai moitos séculos, vivía cerca de Redondela un dragón que de vez en cando chegaba á vila para levarse a unha moza á súa cova. Así o fixo varias veces, ata que os mozos mariñeiros se armaron de coraxe e un día acordaron encararse ao monstro. Así o fixeron e despois dunha dura loita saíron vitoriosos. Xa vencido, trouxérono á vila, ao mesmo tempo que liberaron as mozas que tiña na cova. Foi aquí, en Redondela, despois de que o dragón dese os seus últimos suspiros, cando os valentes mozos, colléndose as espadas uns aos outros, empezaron a bailar arredor do  dragón morto“.

    A festa do Corpus ten en Redondela selo propio: A FESTA DA COCA, que se celebra desde o 02 ata o 06 de xuño na vila pontevedresa con multitude de actos festivos entre os que salientan a DANZA DAS ESPADAS e o BAILE DAS PENLAS. A primeira simboliza a loita vitoriosa dos mozos contra o dragón e o segundo é unha especie de baile infantil onde as nenas son vestidas de branco e levan ás de anxo.

    Dentro dun ambiente medieval, esta edición volverá a haber mercado artesanal, teatro, pasarrúas de guerreiros, danzarinas, trasnos e fadas…, o trasno contacontos, o baile do lume, etc…

    E outras actividades lúdicas máis xerais serán a elaboración das alfombras florais, o desfile da coca, competicións deportivas e verbenas.

    redondela_2011_-_festa_da_coca_-_programa_1redondela_2011_-_festa_da_coca_-_programa_2redondela_2011_-_festa_da_coca_-_programa_3redondela_2011_-_festa_da_coca_2011_-_programa_41

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook