Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Maxicamente máxicos

    roi-casal-2011-maxicamente-vello

    Portada do disco Maxicamente vello, de Roi Casal

    Roi Casal e a súa banda seguen a presentar o novo disco. As vindeiras actuacións son as de Pontevedra (venres 8 a partir das 21.45 no Pazo da Cultura) e Vigo (mércores 13, Auditorio Municipal).

    A publicación de hoxe é un pouco especial. Especial por dous motivos; o primeiro é que non é miña, e o segundo é que a persoa que escribiu estas palabras é seguidora de Festa a Festa pero, sobre todo, unha benquerida amiga desde hai moitos anos.

    Mar estivo o xa pasado mes de marzo na presentación de Roi Casal coa súa banda na Coruña e escribiu unhas palabras, tal cal as ía sentindo, sobre o concerto e os músicos na súa faceta profesional pero tamén persoal.

    Hoxe quen asina o artigo de Festa a Festa non son eu, que os amigos tamén teñen cabida neste humilde blog. Grazas Mar!!!

    Silvia Ferre_2010_01Foto de presentación da entrevista que Silvia Ferre concedeu a Festa a Festa en 2010 nunha actuación coa banda de Roi Casal

    Podes acceder á entrevista mediante este enlace:

    Entrevista a Silvia Ferre Casar (2010)

    MAXICAMENTE MÁXICOS

    por Mar Hermida

    Cando descubrín hai máis dun ano Lendas Douradas quedei namorada do magnífico traballo que escoitaba. Dende ese momento tiven ganas de ver a Roi Casal e a súa banda en directo. Non puido ser até o pasado sábado, 19 de febreiro, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Neste espectacular escenario non podía esperar outra cousa que un magnífico concerto. Puntual á cita saíu ao escenario Roi e a súa banda. Xa non lembro cal foi a orde das cancións pois dende o primeiro acorde quedei namorada do son, da posta en escena, da voz de Silvia, da arpa de Roi, do violín de Alfonso, da batería da guitarra de Dani, de Manu, do teclado de Alfredo e do baixo de Pablo.

    Maxicamente vello, o segundo álbum, foi o traballo que presentaron na inauguración do ciclo Son do Rosalía. A conxunción música e poesía foi perfecta e non só me refiro ás letras compostas por Rosalía de Castro ou Manuel María; tamén as de Roi descobren un poeta escondido á sombra da arpa sonora que tan ben conxuga coa voz de Silvia.

    Silvia Ferre pon a voz ás palabras… e que voz!!! Non podo máis que marabillarme da súa posta en escena. Vestida de negro, tentando pasar desapercibida entre os instrumentos, os acordes e a néboa mais pletórica en canto comeza a cantar. Fíxome sentir unha máis do grupo, como se eu estivese alí tamén interpretando as cancións ao seu carón.

    E Roi… arrolando as cordas da arpa como se fose un meniño namorado, cantando e presentando tímido, como se non quixese romper a maxia da música e as palabras, o microuniverso creado por el e os seus.

    Grazas, mil grazas polo voso traballo e a posta en escena… espectacular!!! Sigo marabillada e namorada. Espero volver compartir con vós outro concerto e partillar outro pouquiño entre os panos do escenario. Porque iso si, despois de hora e media magnífica o mellor foi coñecelos en persoa, grandes, moi grandes.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook