Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Maythe Leiva lanza un proxecto benéfico a favor dos animais

    Maythe Leiva 2011 - Proxecto benéficoA cantante Maythe Leiva saca á venda pulseiras para recadar fondos para os animais abandonados

    A cantante do grupo D'MODA, Maythe Leiva, é unha gran amante dos animais; na súa casa as cadeliñas que ten forman parte da súa familia. E agora proponse obter fondos para axudar a eses animais que non teñen quen os coide.

    A artista, ex PANORAMA, saca unhas pulseiras de silicona ao prezo de 2 €, e todos os beneficios irán destinados á protectora de animais. Maythe é sensible a este problema dos animais sen fogar desde hai tempo, e persoalmente vén colaborando con esta asociación doando cartos e difundindo polo Facebook a información que lle envían desde a protectora. Para poder axudar máis á institución decidiuse por parte dela e da responsable da súa web oficial (www.maytheleiva.com), intentar recadar fondos poñendo á venda este produto. Ademais, abriuse un número de conta para que toda a xente que queira achegar a súa axuda o faga, á parte de mercar a pulseira.

    maythe-leiva-2011-proxecto-benefico-1

    Esperemos que esta iniciativa teña boa acollida por parte do público que asiste ás festas ou que visita este blog ou outras páxinas que teñen que ver coas orquestras e os artistas.

    Desde Festa a Festa apoiamos este proxecto.

    Beneficiaria: Arco Natura Protectora de Animales, Jaén.

    Nº de conta SCH: 0049 4332 10 2190048042

    Orquesta Panorama 2010 - Maythe Leiva 05Maythe Leiva nunha actuación de 2010 / © Foto: roxegar 2010

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook