Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Meira celebra as patronais con variedade musical

    Meira 2012 - Festas patronais - cartelA localidade luguesa de Meira celebra as súas festas durante estes días cun programa musical moi variado, onde podemos atopar grupos e orquestras de variados estilos verbeneiros.

    As festas comezaron o día 14 coa actuación dunha das orquestras co estilo inconfundible das verbenas de sempre: POCEIRO BIG BAND e un dos grupos máis innovadores no campo da festa, que une música con espectáculo, a formación musical D'MODA. Para o día 15 COSTA DORADA e NEVADA serán as encargadas de amenizar o día de Santa María. Para o día de San Roque a orquestrade baile DELIRIO e a actuación da eurovisiva LUCÍA PÉREZ é o máis destacado do programa. E para o último día a orquestra ALIANZA e unha discoteca móbil con outro tipo de son para cerrar as celebracións centrais de Meira en 2012.

    Para o día 26 estamos de novos convocados a outro evento festivo, neste caso un pouco diferente ao destes días; trátase da Festa da Malla, declarada de interese turístico e que poñerá no punto de mira festeiro, novamente, a esta localidade.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook