Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Mera, outra vez de festa

    oleiros-mera-2010-santa-ana-cartel

    A localidade costeira de Mera, principal lugar turístico do concello coruñés de Oleiros, volve estar de festas. Despois do Carme, principal celebración de moitas vilas mariñeiras, chegan agora as patronais: Santa Ana. Mera estará tres días de festa por todo o alto.

    Un festival folk, chocolatada, fogos artificiais ou a festa do biscoito o último día, son algunhas actividades lúdicas e festivas que terán lugar estes días. A música da primeira xornada estará a cargo de COMPÁS, e para o resto de verbenas, o repertorio de dúas grandes orquestras como son GRAN PARADA e PARÍS DE NOIA.

    Ademais, PARÍS terá que competir co último día de cerre das festas do Burgo (Culleredo), a poucos quilómetros, onde estará actuando a súa gran rival: PANORAMA.

    Tamén o mesmo día, martes, cerre de festas en Arteixo con LOS SATÉLITES. Tres opcións musicais de primeira liña a relativamente pouca distancia unhas das outras.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook