Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 05
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Metrópolis 2012, un grupo con dianteira de orquestra

    Grupo Metrópolis 2012 - cartelNova e esperada imaxe do grupo Metrópolis

    O grupo METRÓPOLIS presenta nova imaxe para este 2012. Se a comezos de temporada coñeciamos as novas caras de METRÓPOLIS nas voces femininas, hai un cambio importante, pois unha delas, Fanny Suárez, non estará finalmente na dianteira do grupo.

    Aínda así este cambio non supón ningún contratempo para METRÓPOLIS, que seguirá contando con catro compoñentes na dianteira, dúas voces masculinas e dúas femininas. Aury, cantante procedente da orquestra MARAZUL completa a fronte do grupo, que presenta unha dianteira equiparable á de moitas orquestras, pois moi poucos grupos de verbena poden presumir de ter catro compoñentes nas voces (CICLÓN e algún outro, nada máis). O grupo METRÓPOLIS queda así moi reforzado pois poden abarcar rexistros e estilos que quedarían limitados con menos voces, e así aos temas de baile demandados polo público o grupo tamén pode sumar certo aire de modernidade e frescura coas voces de Jenny e Aury.

    A primeira achega ese aire de frescura que se agradece en calquera formación musical de orquestra. Por certo, a súa fotografía publicada na nosa conta de Flickr é das que máis visitas rexistran. A segunda ofrece a veteranía de quen coñece moi ben este mundo, e así o grupo pode brindar ao público un repertorio moi completo e equiparable ao de formacións "máis grandes".

    METRÓPOLIS en 2012 non vai pasar inadvertido. Podes consultar aquí as datas de xullo para poder gozar do seu espectáculo.

    datas de xullo do grupo METRÓPOLIS

    DÍA

           LUGAR

    CONCELLO

    PROVINCIA

    ALTERN

    1

    LOUREDA

    BOQUEIXON

    CORUÑA

    7

    COIRO

    A LARACHA

    CORUÑA

    8

    NEAÑO

    CABANA BERGANT

    CORUÑA

    14

    CUNS

    CORISTANCO

    CORUÑA

    15

    SISAMO

    CARBALLO

    CORUÑA

    16

    CESPON

    BOIRO

    CORUÑA

    18

    MAROÑAS

    MAZARICOS

    CORUÑA

    19

    ANXERIZ

    TORDOIA

    CORUÑA

    20

    FONTECADA

    STA COMBA

    CORUÑA

    COMBO

    21

    LOURO

    MUROS

    CORUÑA

    GALILEA

    25

    VIAÑO

    A LARACHA

    CORUÑA

    26

    MES

    MALPICA

    CORUÑA

    PONTEVEDRA

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook