Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Mexillóns e boa música en Lorbé

    Oleiros 2012 - Festas do Carme en Lorbé - cartelA localidade oleirense de Lorbé celebra estes días as súas festas do Carme coa actuación de tres orquestras de recoñecido prestixio e unha nova edición de exaltación do produto que fai famosa esta localidade mariñeira: o mexillón. As orquestras PARÍS DE NOIA (que actuaba onte xoves), FILADELFIA (que actúa esta noite) e MARBELLA (que o fará mañá sábado), son as encargadas de amenizar uns festexos que resisten a crise cun atractivo programa musical que aínda se ha de completar no mediodía do domingo cunha sesión vermú  e pola noite coa última verbena a cargo de JJ SON.

    A Festa do Mexillón, para cerrar as celebracións, é unha referencia gastronómica en toda a comarca.

    Oleiros 2012 - Festas do Carme en Lorbé - cartel festa do Mexillón

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook