Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Mexillóns, pementos e música de luxo en Cis

    Oza dos Ríos 2011 - Festa da Confraría en Cis - cartel venresHoxe vindo para a casa, pola autoestrada, en sentido contrario dirección A Coruña pasaba o escenario do grupo AMÉRICA; destino Cis (algúns coñéceno por Cines), en Oza dos Ríos. En terras do concello coruñés celebran ata o domingo a Festa da Confraría, son as celebracións grandes do lugar. E para celebracións grandes, agrupacións musicais grandes.

    O día central en Cis é hoxe, noite na que se celebra a Festa do Pemento, que xa vai pola súa décimo terceira edición. O produto acompañarase de pementos de Padrón e unha extraordinaraia verbena a cargo de dúas agrupacións importantes: AMÉRICA e EL COMBO DOMINICANO. A música do mítico grupo estará acompañada polos ritmos pegadizos da orquestra canaria ata altas horas da madrugada.

    E un pode pensar: vale, está todo moi ben pero; mexillóns nun concello de interior? Esta foi unha decisión da Comisión de Festas xa hai trece anos; quíxose buscar un produto que non tivese festa gastronómica na zona, para saírse un pouco dos típicos produtos que xa tiñan a súa celebración. Optouse polo mexillón por innovación e por diferenciación, así nolo dicían nunha entrevista o pasado ano algúns membros da organización.

    Oza dos Ríos 2011 - Festa da Confraría en Cis - cartel

    E con mexillóns, pementos e boa música pasamos ás dúas seguintes xornadas onde primará a verbena a cargo dunha agrupación espectáculo da casa: PARÍS DE OZA (sábado) e CAMELIA (en única sesión vermú para o domingo).

    De novo hoxe venres escribirase un día memorable na historia das festas de Cis: boa música e bo produto para coller folgos antes do bailoteo. Boa festa!

    Cis 2009 Comisión de festasAlgúns membros da Comisión de Festas de Cis do ano 2009

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook