Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Milleiros de filloas en Lestedo

    Boqueixón 2014 - XXXI Festa da Filloa de Lestedo - cartelA Festa da Filloa de Lestedo chega á edición número 31

    As orquestras Canadá e Olympus amenizan a xornada en Lestedo, na súa XXXI Festa da Filloa

    É a primeira gran cita festeira no concello de Boqueixón. A Festa da Filloa, que este ano chega á súa XXXI edición, traerá diversas actividades deportivas, exaltación gastronómica, desfiles de Entroido (xenerais da Ulla) e, como non, música de orquestra en sesión de tarde e noite e catro charangas durante toda a xornada. As formacións musicais CANADÁ e OLYMPUS amenizarán a festa a partir das 19.00 horas na praza central de Lestedo.

    As filloas para todo o mundo están garantidas, dúas potentes máquinas serán capaces de cubrir a demanda de produto, ademais de completarse a oferta gastronómica con outros produtos típicos do país a prezos máis que competitivos.

    Pouco a pouco comeza xa a temporada festeira, haberá que irse preparando.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook