Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Máis celebracións de primeira en Boqueixón

    Boqueixón 2011 - Festa do San Cidre en Oural - Camporrapado - cartel

    O concello de Boqueixón estase a converter nun dos de maior número de festas arraigadas, polo menos en toda a provincia da Coruña. Ás da Xuventude (no campo do Forte), Filloa (Lestedo) ou Lamas hai que sumarlles esta vez as de Oural-Camporrapado, para celebrar o patrón, San Cidre.

    Tres días de festa e un de auténtico luxo. O sábado o grupo TRIUNFO e a orquestra PARÍS DE NOIA, e por se fose pouco, concerto con entrada gratuíta de SORAYA ARNELAS.

    O aluvión de coches que se vai producir non será problema para os organizadores do evento. Cinco terreos con cabida para máis de 1200 vehículos están xa preparados para os días de celebración no concello de Boqueixón. Ademais haberá atraccións de feira para os máis pequenos, como coches de choque, camas elásticas ou un carrusel.

    Pero aínda que o día forte será o sábado, xa o venres haberá verbena da man de NEBRASKA (é un dúo, non a orquestra). O domingo será a última xornada festiva e actuarán o grupo de Portonovo ALKAR e a orquestra CHARLESTON BIG BAND de Padrón.

    O grupo folk VAN DE BARANDA e a CHARANGA MEKÁNICA de Negreira completan o programa musical á parte das orquestras. Cartel grande para unhas festas grandes.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook