Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Máis citas festivas para a fin de semana

    Allariz  2011 - Festa do Boi - cartelEsta fin de semana rematan as festas de San Xoán en moitas localidades galegas. Tamén a Festa do Boi en Allariz e as do Corpus en moitas vilas de Galicia. Comezan algunhas do San Pedro e tamén está o San Paio, cuxa festa máis importante é, quizais, a da Estrada

    Proseguen as festas despois da xornada do San Xoán por moitas vilas de Galicia. Comezan tamén algunhas festas de San Pedro e Corpus nunha fin de semana que aglutina algunhas das mellores festas de Galicia. BECERREÁ Despois da actuación o 23 de PARÍS DE NOIA e o 24 de NUEVA GENERACIÓN, o 25 rematan as festas de san Xoán con COSTA DORADA. BOIMORTO En Andabao comezan as Festas das Misas, o 25 con NUEVA ERA e o 26 co trío KARLES SHOW. CABANAS En Cabanas proseguen as festas o 25 coa agrupación LOS LADOS e o 26, para cerrar, a orquestra CINEMA. CEE En Brens, comezan as festas do COrpus coa actuación, o 25 dos grupos ALKAR e TRIUNFO. O 26 actuará o grupo ESTRELLA. Como actuación especial, o 25 haberá un concerto do grupo A BANDA DE BALBINA. GUITIRIZ Continúa o San Xoán. O día 25 actúa a orquestra SOLARA e o 26 cerra a COMPOSTELA. MAZARICOS Na Picota, o 24 VERSALLES e PILI PAMPÍN, o 25 cerran o grupo NEBRASKA e a orquestra PARÍS DE NOIA. PADRÓN En Carcacía (lugar onde se fai a Festa da Tortilla Xigante), comezan as festas de San Pedro. O día 25 actuarán SUPERFAMA e ALCÁZAR e o 26 LOS ESPAÑOLES e AMÉRICA SL. RIBADEO Remate o día 24 con RITMO JOVEN e PASSARELA. Tamén haberá unha discoteca móbil. RODEIRO No San Xoán de Camba rematan o 25 co grupo ATENAS. SANXENXO En Aios rematan o 25 coas orquestras EMBAJADORES e HIROSHIMA. E no Santo - Nantes, tamén levan de festa desde o 23 e rematan o 25 con JALEA REAL e o grupo D'CINE. TEO Á parte do San Xoán de Calo, hai en Teo outro San Xoán, o de Recesende, que continúa o día 25 coa agrupación NUVES e o 26 coa orquestra CIUDAD CRISTAL. En Calo proseguen co cartel do San Xoán. O día 24 PARÍS DE NOIA e o grupo ESTRELLA, o día 25 PANORAMA e o grupo METRÓPOLIS e o día 26 TANGO e o grupo SAMBA. VIVEIRO En Covas seguen co seu impresionante San Xoán. Xa levan de festas desde o 23 (actuacións programadas en anteriores entardas de Festa a Festa). Para o día 25 está prevista a actuación dos grupos SAMBA e MASTER, e a última xornada, o 26, é o DÍA DO NENO, con descontos nas atraccións de feira.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook