Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Junio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Máis festas para a fin de semana

    ordes-o-paraiso-2010-cartel

    Aínda que as celebracións de Santo Antón centran as festas desta fin de semana, hai algunhas outras para ter tamén en conta. Así, ás festas de Dexo (Oleiros), Oín (Rois), O Castiñeiriño (Santiago de Compostela) ou Xallas (Cee), das que demos conta ao longo da semana, hai que sumar as de Vizoño (en ABegondo), O Paraíso (Ordes), barrio de Palavea (A Coruña), barrio de Gracia (Santiago), Rodeiro, Oza ou San Cristovo de Reis (Teo), etc...

    En Vizoño e O Paraíso teñen festa rachada; a primeira localízase en Abegondo, actuarán hoxe venres as orquestras PANORAMA e LA BÁMBOLA, mañá PARÍS DE OZA e o domingo un dúo musical fará a sesión vermú.

    A segunda das citas localízase en Ordes. Para chegar ao campo da festa do Paraíso, saíndo da autoestrada, hai que coller a primeira rotonda á dereita. OLYMPUS e TRIUNFO amenizan a primeira das noites.

    No barrio de Palavea comezan as festas mañá sábado coa orquestra TAMBO e rematan o domingo con FOLIADA, que toca na casa e presenta disco novo para conmemorar os 30 anos da orquestra.

    orquesta-foliada-2010-cartelA orquestra Foliada cerra o domingo as festas en Palavea (A Coruña)

    En Teo tamén hai festas, en San Cristovo de Reis e Oza, con IRIS, BLANCO Y NEGRO e a orquestra SABANNA.

    No barrio de Gracia, en Santiago, actuará o domingo a orquestra LAMAS, e en Rodeiro (Pontevedra) celebran o Santo Antón con catro orquestras: PHILADELPHIA, COSTA OESTE, SINTONÍA DE VIGO e GRAN PARADA.

    Para rematar a rolda, imos a Bastavales, onde o domingo actuará a orquestra OLYMPUS xunto cun trío musical. Tamén queremos lembrar que a verbena do Castiñeiriño con PARÍS DE NOIA, que estaba programada para o pasado xoves, será o luns 14. Boas festas!!!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook